O fraude do Home de Piltdown

Os arqueólogos somos sabedores de que a nosa profesión ten unha compoñente, un envoltorio exterior, moi atractivo para o gran público. Iso débese, quizais, a que as investigacións asócianse, segundo crenzas populares, cunha paixón aventureira que as dota dun halo de misterio. Pero nada máis lonxe da realidade, porque a Arqueoloxía e unha disciplina de coñecemento eminentemente científica, baseada en rigorosas comprobacións que aconsellan, ás veces ata abuso, o emprego dunha linguaxe cargada de condicionais e potenciais: “se fora”, “puidera ser”, “posiblemente”.

Sen embargo, como en todas as profesións, existen desaprensivos que perseguen grandes titulares, actitude que nunca cadrará co lento, calado e constante camiño que necesita o saber científico e ás veces enchen as publicacións de hipérboles, de esaxeracións que pouco ou nada contribúen ao coñecemento que se persegue. Non faltaron........

© La Región