Escavacións arqueolóxicas nas orixes de Ourense: a praza da Madalena |
Como ben saben, a historia apoiase sobre todo na interpretación de antigos documentos, mentres que a arqueoloxía faino dende os vestixios materiais do pasado que se conservan. Para cidade de Ourense, agás incertas referencias, os primeiros testemuños escritos fiables conducen ao s. VI, nas orixes do medievo, datas moi recentes na historia. Debemos entón acudir ás escavacións arqueolóxicas, iniciadas na década do 1980 grazas á declaración de conxunto histórico artístico en 1975 e logo, avanzada a de 1990, intensificadas a partir da aprobación do plan especial para a cidade histórica, o PERI. Todas as intervencións arqueolóxicas son esenciais para ir coñecendo o primeiro asentamento permanente en Ourense, o que de momento parece ocorrer na etapa romana. As escavacións efectuadas van delimitando un espazo que, como tantas veces........