menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Dolmens que buscan o ceo

13 0
04.07.2026

Noutras ocasións téñolles contado que os dolmens, panteóns funerarios cuxa construción inician os primeiros campesiños neolíticos, edificáronse en sitios diversos, en orografías moi diferentes. Vémolos en zonas chairas, con pendentes topográficas case nulas. Tamén nas ladeiras dos montes e outeiros. En ocasións sinalan fondos de pequenos vales ou depresións, como as portelas, que soen conformar lugares claves de paso para os camiños, facilitando o transito viario. E, como non, os que coroan os cumios dos montes, en posicións destacadas sobre os entornos que os rodean, sobresaíndo na paisaxe. Pero tamén ocorre que os tipos de emprazamento orográfico escollido para edificar estes monumentos, teñen unha representación numérica desigual. Tomando como referencia os que anos atrás estudamos na comarca da Baixa Limia, que supera o número de........

© La Región