Togados na trincheira
O incremento dos impostos á banca, ás eléctricas e ás grandes fortunas crea un precedente moi perigoso para os que controlan os recursos do país. O 10 % dos ricos concentran máis da metade da riqueza nacional. O capitalismo non cede un ápice dos inmensos beneficios e, cando ve perigar os seus intereses, non lle importa desencadear unha guerra alegando cuestións ideolóxicas, relixiosas ou territoriais. Un exemplo da inxusta distribución da riqueza son os datos de Oriente Medio: o 1% dos máis ricos controlan o 48% da riqueza financeira. O sicario cobra en territorio e o indutor, en enerxía.
Estou asombrado! Que capacidade creativa! Como defende a Patria! Nos debates cos adversarios quedan abraiados pola inmensa cultura que se desprende das súas verbas! Tódolos países de UE envexan o noso país por ter un líder tan preparado, tan bragado na adversidade, con unha empatía cos máis desfavorecidos so comparable cos frades trinitarios. Nas peores catástrofes xurde como........
© La Región
visit website