Agustín |
Agustín é un amigo singular, fai mais de sesenta anos que nos coñecemos. El era un mozo boi scout do mesmo grupo que Manuel, o meu irmán maior, mentres eu era un púbere de Acción Católica. Ámbolos grupos compartíamos local no Palacio Episcopal. As razóns de inscribirse nesas asociacións eran para evitar a afiliación nas xuventudes da Falange (OJE).
Pouco tempo despois, Agustín entrou a traballar na entidade financeira Banco de Coruña, sucursal situada na rúa do Paseo de Ourense. Afeccionado ao cine e antifranquista comprometido cos movementos sociais, foi membro fundador do grupo Rumbo, reconvertido posteriormente na Asociación Cultural Breogán. Nese proceso fixémonos amigos. Asiduo da libraría Gráficas Tanco e, como todos os sospeitosos de comunistas, visitante do “inferno”. Alí traballaba o poeta Antón Tovar Bovillo custodiando os libros “prohibidos”. Ao mesmo tempo, levaba a contabilidade da librería, propiedade do seu camarada e amigo Carlos Vázquez. Algúns dos asiduos clientes da librería formaban parte da célula dos “intelectuais”, destacando o doutor Peña Rey Bouzas, responsable do PCG en Ourense; Carlos........