menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

A casona de Fermín García

21 0
20.07.2026

Auriabella é, de seu, unha entidade societaria básica; a súa orixe xerouse no seu Vilar composto pola Praza Maior, a Barreira, a rúa Cervantes e as propias Burgas. Ali exercían as súas atividades principais os poderes relixioso, político e social. As súas catro fachadas son asoportaladas ben diferenciadas entre elas. A súa inclinación cara á rúa da Barreira dálle un atrativo moi especial. As familias con poderío construiron nela edificios propios conseguindo así a veciñanza.

A fachada pracega do oeste é a mais ampla e con mais empaque. Durante os séculos XIX e o XX, construíronse nela casas-comercio que marcaron época; os seus donos tiñan unha situación económica desafogada con vivendas propias onde destacan, nos baixos, o seu propio negocio.

Fermín García Villalón foi un rico comerciante de tecidos,

Natural de Villalón de Campos (Valladolid), viu a Ourense a finais do século XIX. Casa e encarga a construción dun edificio de tres alturas mais o baixo ao arquiteto Daniel Vázquez-Gulías e ao mestre de obras Juán Dariva e Fojo que figura có número cinco, na fachada oeste da praza. O proxecto consérvase no Legaxo número 13/expediente 52 do Arquivo municipal de Ourense. Este é o primeiro edificio que levantou Daniel Vázquez-Gulías no que marcou o seu estilo tan peculiar para notoriedade dun membro da burguesía de comerciantes, que moi pronto convertéronse nos seus máis importantes clientes.

Fermin instala a súa vivenda de 14 habitacións no primeiro andar que estaba unido diretamente ao bazar de quincalla do baixo. Fermín García trouxo ao seu curman Federico Cisneros Villalón para traballar xuntos ata que morreu a finais da década de 1920, quedando Federico como propietario único. Federico vivíu no terceiro andar e, morto Fermin,........

© La Región