O teatro de Xavier Prado Lameiro e a Coral De Ruada

A Coral De Ruada recuperou a actividade teatral en 2017, uns setenta anos despois de abandonar esta faceta artística que promovera nos seus inicios en 1918 -simultaneamente co coro, co grupo instrumental e co grupo de baile- da man do celebrado autor teatral e co-fundador de De Ruada Xavier Prado Rodríguez, alcumado Lameiro. Nesta nova andaina, a Coral determinou que o grupo de teatro debería levar o nome de Xavier Prado Lameiro en lembranza do fundador. Dende entón participa anualmente nas cerimonias de entrega do Premio Xavier Prado Lameiro con obras do citado autor e tamén ten actuado en varias localidades da provincia con estas mesmas obras. O grupo de teatro está dirixido por César Francisco González Fernández e forman parte do mesmo unha ducia de ruadistas, dos que case todos tamén cantan na Coral. O repertorio acumulado nestes nove anos abrangue pequenas pezas teatrais e obras de maior envergadura: Costume ribeirá, Coitados!, Pragas d’o agro, O falar........

© La Región