menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

A tribo de Rajoy

18 0
16.07.2026

Non hai nada de artificial na polémica desatada por Rajoy. O expresidente escribiu antes da semifinal do Mundial en El Debate, medio da Asociación Católica de Propagandistas, que os Bleus tiñan “un altísimo nivel” pero xogaban “sen franceses”. Os feitos o desmenten, xa que 23 dos 26 convocados naceron en Francia, e os outros son franceses por nai, pai ou naturalización. A embaixada gala recordouno, e o presidente da Federación, Philippe Diallo, fincou que os xogadores non precisan certificado dun antigo mandatario español. España gañou 2-0 en Dallas, e foi Lamine Yamal, de pai marroquí e nai ecuatoguineana e cuestionado pola dereita por non ser “suficientemente español”, quen provocou o penalti transformado por Oyarzabal. Porro sentenciou despois, e o combinado francés, coa composición diversa que Rajoy negaba, foi eliminado.

Rajoy activa un criterio racial fronte a Francia e agocha, baixo unha pretendida broma deportiva, a tese que xa defendera Jean-Marie Le Pen nos anos noventa, cando sostivo que era artificial convocar “xogadores estranxeiros” para a camisola francesa"

A polémica trascendeu fronteiras. Le Figaro falou de “racismo repugnante” e “odio normalizado”. En Estados Unidos, o New York Times adicoulle unha ampla columna que destilaba estupefacción e recollía as acusacións da clase política francesa. The........

© La Región