A fronteira como coartada
En setembro de 2005 acudín por vez primeira á fronteira de Melilla desde o lado marroquí. Como correspondente de prensa, fun cubrir a “crise das vallas”, con concertinas de coitelas como legado das políticas do PP de Aznar. No monte Gurugú, xunto á cidade autónoma, entrevistaba os inmigrantes que aló se reagrupaban cando, de súpeto, irromperon as forzas de seguridade. Presenciei a morte de dous homes de menos de vinte anos, abatidos polas balas da Xendarmería Real. Non se abriu investigación algunha. Human Rights Watch, Amnistía Internacional, PRODEIN, con José Palazón á fronte, e a Asociación Rif de Dereitos do Home de Chakib El Khayari denunciaban desde había meses o que ocorría. Ninguén escoitou. Europa mirou cara outro lado. Un Estado empregando forza letal non para impedir entradas, senón para evitar que individuos en situación irregular fuxisen. Así foi e así segue a ser, con distintos actores e a mesma indiferenza de fondo.
No verán de 2026, en menos de 48 horas case todos os que cruzaran regresaron a casa polo seu pé. Así funciona a diplomacia"
Melilla e Ceuta son cidades-fortaleza, cunha orografía e densidade de seguridade sen parangón no espazo comunitario. Garda Civil con servizo marítimo e unidades especializadas en fronteira exterior, Policía Nacional, Vixilancia Aduaneira e efectivos do........
