Sesenta anos da piscina de Baños de Molgas
O 31 de xullo de 1966 -cumpríronse o venres sesenta anos- Baños de Molgas escribiu unha pequena páxina da historia do deporte ourensán. A vila inauguraba a segunda piscina regulamentaria da provincia, unha instalación chamada a converterse nun referente tanto para a competición como, co paso dos anos, para o lecer estival. Cun vaso de 25 metros de longo, só a precedía a de Ribadavia, e ambas eran as únicas da provincia homologadas para acoller competicións oficiais de natación.
As crónicas da época destacaban o privilexiado emprazamento da nova instalación, situada no Parque Ansuíña. Daquela, o Concello aínda non adquirira o que hoxe coñecemos como Parque das Mestras. Ambos os........
