O sabor da melancolía
Matei o silencio cun berro. Resucitei fotos agochadas e babexei polas corredoiras do desexo. Subín á Perla Negra e naveguei polos mares e océanos da melancolía. A melancolía é o pracer de estar triste, dicía Víctor Hugo. Aínda que non estou triste, a nostalxia ás veces é unha hostia que hai que comer crúa. Menos mal que, como a oblea, deixa un sabor doce na boca.
Despois do berro volveu o silencio. Porque certas fotos........
