O petróglifo de Barricobos
As tardes de andar no monte coas vacas daban para moito. Principalmente para aburrirse. Menos mal que eu tiña o vicio da lectura, nunha época na que era capaz de pasar horas e horas cun libro nas mans. Mais, aínda así, a canseira acababa por aparecer e o aburrimento axiña comezaba a furgar na cabeza.
Ás veces botaba man do can, do Uriarte, e xogabamos ás aloucadas. Pero, ou ben el ou ben eu, cansabamos tamén ó pouco e o aburrimento volvía facer acto de........
