O cinematógrafo esquecido dos Milagres
O pasado sábado, 25 de xullo, Día da Patria Galega, cumpríronse 100 anos do pasamento de Mariano Díez Tobar. Nado o 21 de maio de 1868 en Tardajos, unha localidade situada a apenas dez quilómetros da cidade de Burgos, era fillo dunha familia labrega. Intúo que moi poucos saberán quen foi realmente este home ou, mellor dito, este frade paúl, nin tampouco porque asoma hoxe a este Recuncho Hebdomadario, que procuro relacionar, sempre que é posible, con algunha nova ou efeméride da miña contorna, é dicir, de Baños de Molgas.
Aproveitando que falta apenas un mes para as novenas dos Milagres, anímovos a visitar o Museo Etnográfico, Científico e Sacro........
