Nós os bos e vós os malos...

Mal que ben repetímonos, facémolo todos, eu tamén. Dígoo e recoñézoo e vou recordar de novo unha xuntanza familiar na que unha irmá da miña nai, estendendo o brazo, sinalándonos ó meu pai e máis a min cos seus dedos índice e corazón oportunamente estendidos, pra que non houbese lugar a dubidas, espetounos: “Porque nosotros los buenos y vosotros los malos...” conseguiu que o meu pai se levantase da mesa e chegada a hora de regresar a casa non aparecese. Marchara andando.

Finalizada a familiar xuntanza, regresamos a casa. Ó chegar xa estaba meu pai nela. Dadas as oportunas explicacións quedámonos os dous, el e máis eu, a falar do sucedido. Nun momento dado díxome: “O que ves de escoitar hoxe é a millor explicación do fascismo: a distinción entre bondade absoluta e maldade absoluta, iso, iso é fascismo”. Onde se acaba de ler fascismo, pódese entender comunismo. A ética e maila estética de ambas formas de actuar teñen tanto en común que se resumen en totalitarismo.

Ven isto a conto porque veño de ler o artigo dun xornalista cuxos textos frecuento dende........

© La Región