Memoria ecuánime daqueles mortos
En Galicia houbo dous colexios menores: a saber, un en Lugo, o Eijo Garay, e outro en Ourense, o Calvo Sotelo. Eran do Frente de Juventudes e estaban feitos a imaxe e semellanza dos colexios maiores universitarios, pra ser ocupados por alumnos do ensino medio que asistían ás aulas nos institutos. A intención que os propiciou era a de crear elites políticas pró futuro. O conseguiron. De ambos xurdiron lideres políticos, si, pero non so de dereitas, tamén de esquerdas como non se esperaba. Noutras oportunidades xa se coñeceron nomes e apelidos xurdidos deses dous centros.
Isto de andar dun lado pra outro como andei eu, dende o berce deica o día da data, ten as súas vantaxes; en consecuencia, tamén as súas desvantaxes. Cursei o bacharelato interno no de Ourense, o sexto ano curseino en Pontevedra. Agora leo con certa frecuencia, malia que participe pouco neles, uns chats de antigos compañeiros de estudos. O de Ourense está composto por alumnos do Instituto do Posío, hoxe de Otero Pedrayo, pero os máis fomos compañeiros de internado; é dicir,........
