menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

E se non era certo? E se o era?

27 0
30.05.2026

Hai algo ben peor que non crer en nada, dito sexa sen ánimo ningún de ofender. Pero si, si que o hai: crer en todo. Cando menos nestes días, porque noutros non é tan doado coma hoxe. Estou cismando no auto que conmove a toda a Península, este gran pelexo de touro que nestes días se nos amosa sarnoso e irrecuperable, porque parece ser que o é; parece ser que non temos remedio. Leas o que leas, escoites o que escoites e mesmo que penses o que penses, o pelexo do touro, a península caseque enteira, este pelexo que a recubre e protexe, semella estar sendo esfolado.

Disque tanto na guerra como no amor todo está permitido. Estao? Se o está, tamén debería estar todo regulado. Sempre escoitamos dicir que a liberdade propia remata onde comeza a allea. Está sendo así? Non o parece. Poñamos que un xuíz ou unha xuíz, levados dun gran sentido do deber, sementan dúbidas sobre o comportamento dun cidadán. Poñamos que, pra moitos, ese seu xusticeiro afán vai a misa, que é palabrita del Niño Jesús, pero que a fin de contas veña resultar que........

© La Región