menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Afectos e desafectos no 17 de maio

26 0
16.05.2026

Xa poucos recordamos o 17 de maio do ano 1963. Eu son un deles. Vivino en Pontevedra. Filgueira Valverde prestounos (Xosé L. Fontenla, por medio) un aula do seu Instituto e alá fomos media ducia de poetas en curso, con máis medo que vergonza, ler os nosos textos na soidade do baleiro dunha das súas aulas. A cousa non pasou de aí. Recordo os nomes de Emilio de Gregorio, recordo a Afonso Alonso, pero non recordo os seus traballos. Gustaríame poder recordar os nome dos outros tres.

Dende entón alá van xa sesenta e tres anos. Todo ó longo deles, con maior ou menor acerto, con pouca ou con moita intensidade, levamos celebrando a memoria dos textos literarios dun feixe de persoas que amaron a súa lingua e botaron man dela escribíndoa con admiración e fervor; ás veces, mesmo con livián, con lixeira ou pobre intensidade, xa que non afectiva, si sen a debida calidade desexable.

Estas cousas suceden. Os membros de número da RAG, elixidos que foron por cooptación dos que han de abrirlles as portas da douta........

© La Región