As memorias do D. Antonio Palau i Dulcet (1867-1954) publicadas en 1935, felizmente reeditadas (Memorias de un librero catalán, Doce Calles, 2021), son un documento de gran importancia onde o protagonista fundamental é o libro. Esta circunstancia non impide que polas case seiscentas páxinas desta segunda edición poidamos contemplar as transformacións arquitectónicas da cidade, as convulsas relacións políticas da época ou os usos e formas de relación entre as distintas clases sociais. Semella a súa lectura unha sorprendente consulta hemerográfica, onde o mesmo nos atopamos cun crime pasional, unha folga histórica, un concerto no Liceu, a representación dunha ópera ou a escenificación dunha obra de Shakespeare ou cun incendio incontrolado na Barceloneta.
Polas páxinas das memorias de Antonio Palau desfilan centenares de personaxes, libreiros, editores, tipógrafos, escritores, torneiros, carpinteiros, vendedores ambulantes, periodistas, profesores, etc. que constitúen un moi informado e rico........