A publicidade como intromisión na intimidade da lectura

No mercado editorial galego hai dous pesos pesados —Xerais e Galaxia— que se reparten a maioría das vendas, non dicimos que se reparten o pastel porque o negocio dos libros en Galicia é francamente pouco sustancioso. O cuadrilátero do mercado editorial español dispútano tamén dous selos que reunen máis do 60% das vendas totais; son o Grupo Planeta (Seix Barral, Ariel, Destino, Espasa, Tusquets, Círculo de Lectores, etc.) e Penguin Random House (Grijalbo, Debate, Alfaguara, Ediciones B, etc.). Abonda esta radiografía para poder intuír que a maior parte da publicidade de libros que recibimos nestas datas consumistas do Nadal é responsabilidade destas macroempresas que recorren a todo tipo de estratexias (por non dicir artimañas) para convencer a posibles consumidores, non sempre lectores.

Entre as técnicas empregadas está “recomendar” libros en revistas e suplementos que en non poucas ocasións contan co aval de escritores de sona como engado. Outras veces usan como recurso publicitario as numerosos obras premiadas nas distintas........

© La Opinión A Coruña