Unha segunda oportunidade para as nosas débedas
Até marzo de 2015 a normativa concursal do Estado español non ofrecía ningunha posibilidade dunha segunda oportunidade para as persoas físicas consumidoras (é dicir, as que non exercen por conta propia actividade empresarial ou profesional ningunha). Aplicábase ferreñamente o principio da responsabilidade universal das persoas debedoras , quen habían destinar todos os seus bens, presentes e futuros, para o pagamento das súas débedas. O concurso destas persoas, nestes casos, liquidaba todos os seus bens, mais as débedas que aínda remanecesen sen pagar despois do procedemento seguía vixente, mesmo dotada de forza executiva. A persoa debedora ficaba morta civilmente, porque só podía salvar o entón moito máis cativo salario mínimo interprofesional (SMI) e, moi parcialmente, as rendas que sobordasen ese SMI. Non podía reconstruír a súa vida económica e adoitaba vivir «en negro» sometida a toda caste de explotacións de persoas (moitas veces de persoas próximas).Unha traxedia persoal e........
