O soberanismo galego fronte ao labirinto estatal

Cara ás vindeiras eleccións xerais de 2027, o ruído que chega desde a Villa y Corte teima nunha vella andrómena: a unidade de toda a esquerda como única receita fronte ao avance da dereita e a ultradereita. Voces como as de Gabriel Rufián, Irene Montero ou certos sectores de Sumar e Más Madrid apelan a unha sorte de «fronte popular» que, baixo unha aparente fasquia de pragmatismo, agocha a submisión das distintas realidades nacionais (e nomeadamente á galega) á estratexia do centralismo madrileño. Porén, para o soberanismo galego, o dilema non é aritmética electoral, senón de supervivencia política e coherencia histórica. O BNG de Ana Pontón nin pode nin debe diluírse nunha mestura heteróxenea que confunde a plurinacionalidade co folclore. Semella que este país xa tivo abondo coas experiencias pasadas.

A primeira razón reside na transversalidade acadada polo BNG. Hoxe, o Bloque deixou de ser unha forza de testemuño para se converter na «casa común» de amplas capas da sociedade galega. Sobordou as costuras das definicións clásicas das esquerdas clásica........

© La Opinión A Coruña