menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

O reto escocés: soberanía ou demagoxia

13 0
05.05.2026

A vella nación caledonia, referente atlántico de civismo, europeísmo e pulsión democrática, encamíñase o vindeiro 7-M a unhas eleccións que van ser un plebiscito sobre a súa propia existencia como suxeito político. Non estamos diante dunha simple renovación de escanos no Parlamento de Holyrood, senón na véspera do ataque dun populismo extremista británico que quere converter Edimburgo nunha sucursal da dereita mais xenófoba e uniformadora de Westminster.

O sistema electoral escocés, o Additional Member System, é unha arquitectura de proporcionalidade electoral pensada para o consenso, lonxe do rodete maioritario de Londres. Dos 129 deputados que conforman o Parlamento, 73 elíxense de xeito directo polo sistema maioritario simple en cada circunscrición (constituencies), mentres que os 56 restantes son eleitos a medio do sistema proporcional D’Hondt a medio de candidaturas rexionais plurinominais. Un elemento fortemente corrector da elección maioritaria que semella seguirá a priorizar o soberanismo do Scottish National Party (SNP). Mais........

© La Opinión A Coruña