O dependentismo da Xunta fronte á Unesco

É abraiante ver como a Xunta de Galicia —instalada nese dependentismo provinciano que confunde a prudencia coa inanidade— pecha a porta a unha presenza propia na Unesco. Mentres Cataluña e o País Vasco exercen como nacións con conciencia de seu, despregando unha diplomacia cultural que procura a presenza directa en París, San Caetano prefire seguir no soto da historia, agardando a que Madrid lle dea permiso para respirar.

Esta negativa non é unha anécdota administrativa; é unha renuncia estratéxica que nos condena á invisibilidade. Cataluña e Euskadi entenderon hai décadas que o mundo non agarda por quen non se presenta. A súa petición para integrarse como membros asociados ou a medio de delegacións permanentes na Unesco non é unha boutade identitaria, senón un exercicio de intelixencia política. Mentres, Galicia mira de esguello con ese complexo de inferioridade institucional que caracteriza aos gobernos do PP dende 2009, autoimpoñéndose un teito de cristal ao que o noso Estatuto non nos........

© La Opinión A Coruña