menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Meirás ou o trunfo da cidadanía galega

47 0
16.03.2026

A recuperación do Pazo de Meirás é o resultado dun longo proceso de dignidade civil e política, reivindicación social e rigor intelectual nas ordes xurídica e historiográfica. Para entendermos o fito que supuxo a sentenza definitiva do Supremo declarando pública a propiedade do Pazo cómpre facermos memoria e reivindicar os nomes de quen, en tempos de silencio e desidia institucional, tiveron a afouteza de sinalar a iniquidade.

A xenealoxía desta vitoria remóntase á temperá ousadía de Gonzalo V. Pozo e Pura Barrio, concelleiros da Coruña por Esquerda Galega (elixidos na candidatura dunha Unidade Galega xa esfarelada na altura) que presentaron o 12-M de 1982 unha proposta para que o Concello negociase coa familia Franco a recuperación gratuíta do Pazo. Seguiu o traballo da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) fundada no 2004 e presidida na altura polo mesmo Manuel Monge que colaborara na redacción da proposta dos concelleiros nacionalistas no 1982. Esa semente de impugnación política atopou continuidade no pulo local do alcalde nacionalista Abel López Soto en Sada, quen inspirou á conselleira nacionalista Anxela Bugallo (BNG) para declarar o Pazo como Ben de Interese Cultural (BIC) no 2008. Unha decisión da conselleira nacionalista que foi a chave mestra que abriu as portas á........

© La Opinión A Coruña