Dépor de primeira; Riazor maior de idade |
A Coruña completará, nesta primavera de 2026, a viaxe máis necesaria e hixiénica da súa historia contemporánea: o tránsito definitivo do búnker localista á vangarda da afirmación nacional, que agardemos coincida coa volta onde pertencemos. Á División de Honra do fútbol profesional do Estado español.
O anuncio por parte do Consello de Administración do Real Club Deportivo da apertura dunha consulta vinculante para axeitar o nome da institución á toponimia oficial —Real Club Deportivo da Coruña— non é un simple trámite administrativo. É un fito político e sociolóxico de primeira magnitude, un actuario que certifica o solpor dunha época e a eclosión dunha nova maioría social.
Aquel vello coruñesismo dos anos oitenta, unha sorte de blaverismo atlántico que utilizaba o «La» e o resentimento fóbico........