A trampa de certo tipo de autoemprego |
Durante a última década, vendéusenos o emprendemento como a panacea contra o desemprego en Galicia. Porén, este inicio de 2026 amósanos unha realidade moito máis amarga na que as estatísticas reflicten un drama humano e económico que afecta a milleiros de familias galegas. Segundo os datos de UPTA (Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos), Galicia pechou o pasado 2025 cunha media de 89 pequenos comercios desaparecidos cada mes. Nos últimos cinco anos máis de 6 mil negocios de proximidade botaron o peche definitivo nas nosas vilas e cidades.
O problema non é só quen pecha, senón quen malvive con moito esforzo e pouco retorno. En Galicia, estímase que entre 27 mil e 30 mil persoas autónomas atópanse nunha situación de inviabilidade técnica. Son persoas que, logo de pagar as súas........