Un millón de móbiles

Jupiter é o supercomputador máis potente de Europa e o primeiro do continente en acadar a exaescala, xa que pode realizar máis dun trillón de operacións básicas por segundo. Tamén pode chegar a unha capacidade de memoria de exabytes.

As cifras destas máquinas son tan enormes que para decatármonos do que realmente significan convén comparalas con algo máis próximo. Por exemplo, cun móbil. En potencia de cálculo e en memoria un destes supercomputadores supera amplamente un millón de móbiles de última xeración —sen contar os chips de aceleración gráfica e de IA destes—. Amontoados, formarían unha columna cunha altura superior ao Everest. Aínda así, Jupiter non está no podio dos tres supercomputadores máis potentes do mundo. En todo caso, non se trata duns Xogos Olímpicos nin de levar ou non medallas, senón de contar coa capacidade necesaria para situarnos na vangarda da ciencia e do........

© La Opinión A Coruña