Sacarina con alfajores
Estaba a tomar un café nun local céntrico de Madrid, famoso polos seus doces. De feito, para min é unha confeitaría na que tamén serven café, á moda do noso veciño e querido Portugal. Tiña présa e tomei o café na barra, cun pastel pequeno de cabelo de anxo. Púxose ao meu lado un home que pediu un café só dobre. Con sacarina —dixo—, explicando que o seu médico lle indicara que non podía abusar do azucre. Mentres lle preparaban o café, botou unha ollada ás vitrinas dos doces e, sinalando uns alfajores de tamaño XXL, pediu dous. Calculo que cada un debía ter, como mínimo, uns 30 gramos de azucre incorporados. Se temos en conta que un saquiño de azucre contén entre 3 e 5 gramos, o par de alfajores ben podían equivaler a unha ducia de saquiños ou máis. Xa sacará o lector as súas propias conclusións. As miñas son que está ben que tomase o café........
