Persoas do ano para ‘Time’

A revista Time vén de dedicar a súa portada Persoas do ano 2025 a algunhas das figuras que guían o mercado da IA, o que vén sendo case o mesmo que dicir que deciden como será a intelixencia artificial que teremos nos vindeiros anos. A portada —unha delas— é unha recreación da icónica fotografía de 1932 na que uns obreiros comen sentados sobre unha viga de aceiro nun rañaceos en construción en Nova York. Quen aparecen agora debuxados nesa posición son: Mark Zuckerberg, CEO de Meta; Lisa Su, CEO de AMD —unha das compañías líderes na fabricación de chips—; Elon Musk; Jensen Huang, CEO de Nvidia —a empresa cuxos chips son o maior desexo de quen quere medrar arredor da IA—; Sam Altman, CEO de OpenAI —a compañía que desenvolveu e comercializa ChatGPT—; Demis Hassabis, CEO de DeepMind —empresa de Alphabet, matriz tamén de Google, e gañador do Premio Nobel de Química en 2024—; Dario Amodei, CEO de Anthropic —outra das compañías líderes no desenvolvemento de modelos de IA xerativa—; e Fei-Fei Li,........

© La Opinión A Coruña