menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Non é a calor de antes

5 0
05.07.2026

Hai unha parte da crise climática que non se mide só en décimas de temperatura. Mídese tamén na memoria. Na praia de Canido e no Vao, en Vigo, onde aprendín a nadar e onde as tardes de verán remataban sempre cun viruxe atlántico que obrigaba a coller a chaqueta. Ou en Varille, no Carballiño, onde as noites devolvían o fresco que as tardes de agosto lle roubaban ao día. Aquel verán galego foi desaparecendo sen facer ruído. Primeiro chegaron as noites nas que custaba durmir. Despois os días interminables de calor. E, finalmente, comprendemos que non eran episodios puntuais nin un exercicio de nostalxia. Era o cambio climático entrando nas nosas vidas.

A memoria emociona. A ciencia leva anos confirmándoo. Galicia quéntase. As vagas de calor son máis frecuentes e intensas, as secas prolónganse e os incendios, como os que devastaron Ourense o pasado verán, deixaron de ser unha excepción para converterse nun aviso permanente. O cambio climático xa non é unha ameaza........

© La Opinión A Coruña