Vilancicos galegos haber hainos, máis ‘beben y beben y vuelven a beber...’

Concierto de villancicos en el conservatorio de Culleredo. | // L.O.

Ano 2025 que se vai, dedicado pola Academia Galega ás cantareiras e aos seus cantares, entre os que non deberán faltar os do tempo do Nadal. Datas nas que a Xunta de Galicia declara Ben de Interese Cultural, coa categoría de patrimonio inmaterial, a música e o baile galegos. Mais alí por onde vaia, xa sexa nos plasmas da casa, no mercado, pola mesma rúa os sentidos se sobrecargan e enganan con cebos comerciais azucrados luceiros e aburridos retrousos musicais.

Vilancicos galegos haber hainos, máis ‘beben y beben y vuelven a beber...’

Tempo de Nadal no que se expón o que significa unha árbore de fondas raiceiras e verdecentes ramas erguidas cara á luz, as que darán flores que se converterán en froitos con sementes. Árbore da vida, das tradicións, que se adorna e se sofistica coa oferta do mercado até disfrazarse e perderse o poético símbolo. Tempo cargado de esperanza, de paz, que é o que se desexa e se canta, no que tamén se denota o estado da cuestión cultural de Galiza, a que tantas tradicións ten que ofrecer para este tempo que celebra o solsticio de inverno no hemisferio norte. Festa que os románticos anglosaxóns de herdos célticos e viquingos recuperaron como Imbolc, que significa no embigo do calendario, cristianizada como o Nadal, onde se celebra a vida, o nacemento, a leria retranqueira dos Santos Inocentes, a luz coas fogueiras da noite de San Silvestre, papa curandeiro, autor de exorcismos contra os demos e as súas oficiantes, meigas e magos. Nadal é tempo máxico, de Magos, en Galiza da tan celebrada Epifanía: a dos tres reis magos que seguen a estrela cara ao Oriente, como os peregrinos camiño de Compostela, cara ao Occidente. Tampouco faltan entre o panceltismo homes e mulleres do saco, que saen do misterio sombrío do monte, mediadores de trasnos e fadas para dar cumprimento aos desexos dos nenos, tal como o bandulleiro, bonachón e xeneroso Apalpador ou Pandigueiro,........

© La Opinión A Coruña