menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

O’Volter de Ourense e a recuperación das tradicionais tabernas galegas

21 0
17.04.2026

Compre animar a tradición céltica das tabernas, onde antes do xantar ou da cea se xuntan mozos e vellos da tribo. Iso si, noutrora espazos moi patriarcais, para compartir viño en xerras e cuncas, con algún petisco propio do saber da casa, tradicións quen non traizoan.

Ben soubo a igrexa celebrar e reunirse en mesa, en Misa, en tabernáculo bendicindo o pan e o viño, produtos da Terra e do Traballo, símbolos de cultura e de saberes ancestrais, para facer deles sacramento. Pois nunca sobra a maxia con canto ten de poesía para seducir, e mellor se se adoba entre músicas, cantos e contos, cousa á que axudan uns grolos de viño.

Adega, bodega baiuca, taberna, bar, cantina, furancho, meixón, ou mesmo ermida... cada denominación cunha significación en relación coa orixe e a historia. Adega ou bodega coa mesma orixe léxica, en relación coas covas; a taberna, nome latino, en relación con táboas da súa construción...e así atopámolas na arqueoloxía deantigas cidades. Mesmo a palabra bar,establecida en Galiza a partires do século XIX pola influencia británica, deriva de barra, como os bartenders británicos. E o nome de meixón, quizais en relación con mesón, ou mesmo coa mestura de xantares... anguías, escabeches, polbo, caldeiradas, cocidos.. Alá onde foron galegos ou irlandeses abriron ou sumáronse a unha taberna ou casa de comidas...

Véxanse en Irlanda a gloria dos seus pub, abreviatura de public house, casa publica. Decorados coa enxebreza das tradicións, co ansia de crear ambiente. Onde se bebe cervexa, a bebida celta por excelencia, segundo os tradicionalistas, e onde non falta alguén que anime a cantar, acompañado de calquera instrumento, mesmo abonda co sinxelo bater nas táboas do mostrador, das mesas ou coas palmas da man. Taberna e pub, son a mesma cousa...si ben, en Galiza, a taberna, a cantina, foi degradada, refuxio da marxinación, na que se atufa o idioma, as tradicións, reducidas á escatoloxía, á blasfemia...a esas tonecherías que, en novos sainetes esperpénticos se burlan do popular e non de tanto da absurda burocracia endomingada.

Galiza é paraíso de........

© La Opinión A Coruña