menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Galiza nas orixes do ciclo artúrico e da demanda do Grial

10 0
previous day

Enguedellada cuestión, na que radican as orixes míticas do Rei Arturo e dos seus cabaleiros, creadores dunha lendaria e aristocrática xenealoxía, así como dun plan secreto para establecer a paz no mundo. Servidores metidos na loita entre contrarios, entre o ben e o mal, as tebras e a luz, os anxos e os demos.... Labirinto no que tamén se moven o mago Merlín, a meiga Morgana, fadas, místicos, frades e monxas, entre treboadas, bosques, covas, fontes, castelos, lagos cos seus cisnes, homes de musgo, driadas, o unicornio, elfos, trasnos... agoiros, maxia, astronomía, conxuras, trampas... Co encontro arredor da Táboa Redonda e o seu Viacrucis, camiño feito coa teimosía de conseguir a cunca sacra da concordia e da paz, a do sangre de Cristo, Sangre Real, o Grial, o que ennobrece a quen o teña. Lendas do tempo da eclosión feudal, do individualismo, dese exclusivismo que comporta a cabalería e as súas ordes, as do temido ano mil, de cruzadas, peregrinacións e viaxes que nutren o coñecemento, onde o saber e a fantasía orientalista árabe está moi presente, cando a Materia de Bretaña , as profecías e a vida do Mago Merlín , que se dicía fillo dun demo e dunha monxa, mentor de Arturo se envolven nunha espiral de contos. Cando as linguas romances eran fundamentais, anos do Románico, cando todo chegaba a Compostela. Ao respecto é sobranceira a obra do profesor da Universidade Compostelán Santiago Gutiérrez García.

Sendo a obra que abriu as portas a este ciclo a Historia Regum Britanniae do galés Geoffrey de Monmouth, fillo dun tal Arturo e cunha boa formación, posiblemente en Oxford, até chegar a ser bispo. Obra escrita en latín, espallándose nas diferentes linguas daquel panceltismo que reclama. Argumentos complementados, pouco despois, por Chrétien de Troyes, sumando a tal literatura a figura de Parsifal e o tema da Demanda do Grial. Literatura de cerna celta, envolta en herdos bíblicos, grecolatinos, homéricos, mesmo nas andanzas Carolinxias, en fantasía, mitos, en engadidos que se van sumando co acontecer. Tal xeito de ascese ou peregrinatio filantrópica que son as novelas de cabaleiros andantes, de helmo, escudo, espora, estandarte e espada, co seu........

© La Opinión A Coruña