menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Galaicos? Galaicos!/Celtas? Celtas!

2 0
friday

Título prestado, como comentaremos abaixo, con esas interrogacións ou preguntas que aguilloan á ciencia, como tamén e pola contra coa imperativa interxección.

Galaicos? Galaicos!/Celtas? Celtas! / LOC

Compre lembrar que no 1959, dous anos antes da morte de Francisico Asorey, a universidade compostelán rendeulle un homenaxe ao escultor da raza, ademais coa edición dun libro da autoría do profesor Ramón Otero Túñez e con estudo preliminar do tamén profesor de Prehistoria naqueles anos da ditadura, Carlos Alonso del Real e que, sintomaticamente, titula Descubrimiento de “un” Mediterráneo, co que tenta contestar ás teses que singularizan a obra de Asorey. Escultor que, seguindo aos románticos como Viceto ou Murguía e mesmo aos Modernistas como Cuevillas, Cabanillas, Risco, Otero Pedrayo busca o «espírito do pobo», que dicían céltica e cristián e arremete don Carlos: Encapsulados en la absurda y caduca mitología «céltica», la inmensa mayoría de los exaltadores de lo gallego empobrecen, hasta los extremos de hacer llorar, su mucho más antigua y rica cultura... Insistindo en que os tradicionalistas son os que máis pauperizan a tradición, cargando contra os nacionalistas, sobreenténdese galegos, deixando de banda a obcecación dos fanatismos e máis dos do «imperio hacia Dios». O profesor Alonso asentábase na forte pegada neolítica, na do Mediterráneo grecolatino... e volvía á carga engadindo, para los campesinos «celta» es un club de fútbol, un bar, un cigarrillo, cualquier cosa menos un antepasado, atribuyen el labirinto de Mogor, las mámoas, o los petróglifos a los mouros, tienen, como es uso, más razón que los semicultos... Leccións que callaron nos museos que apartan o de celta, nos mesmos alumnos que chegaban enchoupados nas teses de Cuevillas, autor de La Civilización Céltica en Galicia, agora bibliografía tachada de obsoleta. Sendo teses da Xeración Nós, do Seminario de Estudos Galegos, as que, dende o sentir decadentista trataban de singularizar as orixes, a orixinalidade de Galiza, fronte a un mundo que se industrializaba, procesaba, uniformizaba e empobrecía. Entendendo que o universal, a mesma uni-versidade........

© La Opinión A Coruña