We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Arredor do San Antón , das súas tentacións e dos animais

1 0 0
20.01.2020

Chega o tempo de apagar as luces e quitar os adornos do Nadal, máis nesa ansia de prolongar a festa florida insistíase que "até o San Antón Pascuas son". Seguirá entón no almanaque católico a festa da Candeloria, da luz e das candeas, celebrando o retorno dos paxariños e de máis luz no día. De seguida chegará a parte profana, as máscaras, as músicas, os sermóns e gastronomías do Entroido.

Non están os tempos pra santorais relixiosos, máis ben pra celebración de "días" e "actos" en relación cos dereitos humanos e a conservación da natureza, entre outras. Pese a todo nos países célticos e entre eles a Bretaña e Galiza, resiste un ancestral panteísmo, terras sacro-profanas, de venerados santos entronizados en altares. Imaxes representadas con inxenuidade e bonhomía, barbados e asociados con animais e plantas do común. Mesmo capaces de facer cabaleiro -arremedando ao cabaleiro Arturo de Camelot- a un apóstolo pescador: pois velaí a Santiago escarranchado sobre un faco branco, como equilibrista circense, brandido polo alto unha espada e asoballando a canto infiel se lle poña por diante.

Masculinos os máis destes santos, quizais por que a domesticación, iso de enfrontarse ás bestas bravas do monte era cuestión encomendada a homes, aínda que mulleres ermitáns, retiradas dos vicios do mundo, tamén as houbo e de sona, como santa María Exipcíaca: o San Froilán co lobo, o San Mamede co cervo, San Ero co paxariño, o San Bieito co corvo, San Roque co seu can, San Isidro coa xugada de bois... e como non, o San Antón Abade co seu porquiño. Santo este de moita devoción na Galiza, competindo co San Roque ou co San Lázaro, os que tiveron encomendados espazos de atención aos enfermos contaxiosos, hospitais ou lazaretos.

Na cidade de Mondoñedo, seminario de bonhomía raiana coa dos santos e bruxos, que garda tantas esencias galegas, cando se asenta o outono, cada 18 de outubro, celebran ao evanxelista San Lucas, representado........

© La Opinión A Coruña