menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Arredor de Otero Pedrayo e da aura do seu Ourense

27 0
05.03.2026

Compre asumir este noso tempo, atento a empaquetar e dosificar a cultura en cabosdano e cerimonias. Aproveitemos pois as efemérides para dicilo. Insistindo en que a cultura, a que nos identifica no mundo, é algo que levamos posto e forma parte diso tan poético que é o espírito, a alma dun pobo, a súa aura, como pregoaban os diferentes da Xeración Nós. E xa nos metemos no tema, cando conmemoramos o medio século do pasamento de Ramón Otero Pedrayo, un 10 de abril do 1976. Egrexia figura das letras, nacida en Ourense, na rúa da Paz 25, en sobria casa, con xanelas abertas a enxergar a encrucillada de rúas que levan á catedral e ao bulir da urbe, centrada polo pingar cantareiro da renacentista Fonte de Ferro, espolio da Desamortización. Foi un 5 de marzo, día de San Adrián, de 1888, pois velaí nalgunha das súas obras o seu heterónimo, como Adrián Solovio (sub-lovios, de debaixo do emparrado) ou mesmo como Adrián Soutelo, apelido dos devanceiros da casa paterna de Trasalba.

Aquel seu primeiro Ourense era plenamente romántico, o de Lamas Carbajal, o dos sacerdotes Marcelo Macias, Rei Soto, o da Marquesa de Atalaya Bermeja, metida nos misterios da teosofía, tamén o da misión agrarista do abade de Beiro, Basilio Álvarez...

Pedrayo, no centro, en O Volter, en Ourense. / LOC

No primeiro piso daquela casa de Otero Pedrayo —recentemente mercada pola admiración e a sensibilidade ( que non tiveron os poderes públicos) do escritor Camilo Valdeorras— tamén naceu , viviu e morreu Vicente Risco, considerado por don Ramón como un irmán. Raiceiras, influencias que aquel mociño, estudante de Filosofía e Letras leva presas, para medrar na universidade compostelán, co sentir galeguista do profesor Cotarelo Valledor. Logo a estudar Dereito nun Madrid onde pesa o grupo galego. Con parladoiros nos que se falaba do feiticeiro perigo de ser galego dos bos e xenerosos. E xa nos seus derradeiros anos sentíndose como unha fantasma do romanticismo, mais coa responsabilidade de ser unha ponte de vontade, trazada dende Risco e Castelao aos máis novos. Transmitindo as leccións daquel seu distinguido grupo , ao xeito do Á rebours que propagaba Huysmans, como dandis inadaptados,........

© La Opinión A Coruña