menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

A experiencia de rehabilitar e revitalizar un ‘convento caído’

18 0
09.01.2026

Finalizaba o ano 2025 presentando a Editorial Planeta o libro El tesoro del convento caído, de José Luis Pérez González, máis coñecido como Peridis. Arquitecto, debuxante humorista, historiador, en fin, humanista curtido nos camiños dunha vida que arranca na posguerra e isto é o que nos conta e xa iniciara antes noutra novela, El corazón con que vivo (2020), sobre as feridas da contenda e a reconciliación. Biografía que xira arredor da súa querenza vital, as ruínas do mosteiro cisterciense de Santa María a Real de Aguilar de Campoo. Espazos referenciados polo arquitecto e historiador Vicente Lampérez, como ruína pintoresca, por Unamuno en Andanzas y visiones españolas, con capiteis levados ao Museo Arqueolóxico de Madrid e estudado dentro do románico palentino por García Guinea, figura fundamental nestas lembranzas, as que comezan nunha vila e atinxen aos camiños do Románico, que son os da peregrinación a Compostela, os de Europa e os do humanismo, hoxe tan na brétema.

A experiencia de rehabilitar e revitalizar un ‘convento caído’ / LOC

Libro recomendado para todos os públicos e máis para os que andan na xestión do patrimonio cultural. Lectura que debera comezar por cantos ocupan concellerías, consellerías apelidadas de cultura, e máis aínda para aqueles que desconfían de tal legado e teiman no que tanto escoitamos, que a cultura non vende nin da votos. Cando habería que comezar por definir o que é a cultura, o que levamos posto e que nos define, o que os seres humanos fomos descubrindo, creamos, aprendemos por relacións, fomos incorporando e cultivamos para resolver situacións: códigos de entendemento, idioma, arte, tradicións que nos distinguen e aportamos á universalidade. Máis reducimos a cultura a algo endomingado, para días, cerimonias e cabosdano, xornadas que tamén compren para relanzar o senso orixinario.

Libro de El tesoro del convento caído que mesmo forma parte dunha estratexia para algo sempre inacabado que é recuperación dun monumento, algo ben aprendido por quen nolo conta, dende a infancia, dende unha vida dedicada á casa, á súa terra, á sociedade e á sombra do convento caído. Peridis, nacido no 1941, con canto implica de vida........

© La Opinión A Coruña