A colonia interior

No rouco son da consigna baleira e o texto burocrático, o discurso político de Beiras constituía, en si mesmo, unha transgresión. As súas inimitables paradinhas e silencios, a cita erudita de par do refrán patrimonial; os cambios de ritmo, o crescendo desde a lentitude descritiva inicial deica o estrondo final da lexítima e indignada arenga política... É posible que Beiras concibise os seus mitins como unha sorte de sinfonía, que a música guiase aquela sucesión trenzada de argumentos económicos e teses históricas sempre á marxe do lugar común, cheas de vida pola beleza e a furia coa que eran enunciadas. En todo caso, ese era o efecto que producían as intervencións públicas de Beiras: o de estar asistindo a unha sorte de concerto político.

Pero era moito máis ca un solista, Beiras, un virtuoso da palabra en directo. Foi tamén un compositor capaz de fundamentar con probas empíricas e base teórica as vellas intuicións que o protonacionalismo galego viña enunciando desde Faraldo cando menos. A máis importante delas era a concepción de Galicia como colonia........

© La Opinión A Coruña