Polos vieiros do mestre Moldes |
ENTRE OS obxectivos que funcionan como un alicerce da pontevedresa Fundación Manuel Moldes está o poñer en relación a súa obra coa de estudantes de Belas Artes vencellados ao centro académico pontevedrés do que o pintor foi mestre da materia de debuxo dende 1995 ata o seu pasamento no 2017. Polas súas aulas pasaron varias xeracións de alumnos que estableceron, pola personalidade do artista, unha relación moi especial que trascendía do puramente académico.
Dende ese vieiro da vida a Fundación Manuel Moldes mantén unha irrenunciable relación coa facultade que a través de iniciativas e estratexias como da que aquí falamos procura que ese alumnado manteña en pé ese espírito formativo e de camaradería de Manuel Moldes, e se integren no que supón a experiencia de formar parte dun proxecto artístico, co que supón de produción da súa obra, montaxe e exposición do resultado final do seu traballo. ‘Vieiros en Pontevedra’ pon, daquela, en relación unha serie de obras de Manuel Moldes, os seus vieiros, que, dun xeito abstracto........