José Suárez, no regreso a Bueu

NUNCA SE sabe cando unha marea podo ser boa para un porto. Cando os barcos enchan con fortuna as súas redes con aquilo que suporá o sustento de familias e o latexo económico dun pobo. Desta vez, Bueu tivo unha boa marea co que supón a exhibición na sala Amalia Domínguez dun dos traballos artísticos máis sobranceiros de Galicia durante o século pasado. Nas súas praias, fronte a ese horizonte atlántico no repouso dunha vila no que coincidiron como en poucos outros espazos xeográficos e temporais tantos talentos en moi pouco tempo, foi onde José Suárez realizou esa obra maior da súa produción e unha das grandes series da fotografía galega.

Falamos de trinta imaxes, das máis de cen que se conservan do seu traballo ‘Mariñeiros’, tomadas nos veráns de 1935 e 1936 mentres en Bueu Maruja Mallo apuntaba elementos semellantes no seu ‘Caderno de Bueu’, Federico Ribas pensaba nunha nova campaña de publicidade para a conserveira Massó; Johan Carballeira escribía os seus últimos poemas antes do seu vil asasinato polos sublevados,........

© Galiciaé