menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

A sensorialidade da paisaxe

33 0
25.08.2026

Aínda quedan unhas semanas para poder gozar da mostra ‘As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI’. Baixo o comisariado da tamén artista Mónica Alonso, propón unha novidosa e intelixente achega a diferentes visións que varios artistas tiveron da nosa paisaxe dende a súa obra. O que pode semellar de antemán un novo relatorio de nomes e obras arredor dun dos xéneros máis clásicos da arte, convértese nunha brillante posta en escena de artistas, obras escollidas e unha estudada montaxe que permite mesmo sentir na nosa pel as diferentes condicións climatolóxicas ou sensoriais que se agochan en cada unha desas obras.

A ninguén se lle escapa o protagonismo que a paisaxe ten como xénero artístico ao longo da historia. Probablemente xunto ao bodegón e o retrato, sexan as tres grandes témáticas da arte, e que no caso galego aínda acada unha maior relevancia pola importancia que o contexto xeográfico e meteorolóxico ten como signo de identidade dun país e dun pobo no que mesmo moitas das súas características se........

© Galiciaé