Polo ano 1200 |
La porta Miñá, entre as herbas que medran na muralla ou os niños dos cirrios que se lle achegan, que por alí sexa posible camiñar sobre os pasos de Fernando Esquío é favor de Cunqueiro, que moitos anos teimou, tamén neste xornal, para que se gravasen alí esas palabras en pedra. "O amor que eu levei de Santiago a Lugo/ esse me aduz, e esse mi adugo", di o refrán da cantiga deste poeta, probablemente ferrolán, coa que o mindoniense o imaxinou entrando pola porta que leva ao Miño nese camiño no que a romaría, como en tantas outras cantigas de amigo, é trasunto da verdadeira peregrinación, a amorosa.
"A forma adugo xa hai tempo que caeu en desuso. Eu cólloa do trobador Fernando Esquío, que aló polo ano mil douscentos entrou namorado pola Porta de Santiago, como di o Cunqueiro, e así está gravado nela. O trobador volve e torna o retrouso: O amor que eu levei de Santiago a Lugo / esse me........© Galiciaé