Pota ao lume

Grazas ao feito rutinario da cociña, a especie puido transgredir o esquema sinxelo de sabores perceptibles a través das papilas. E, do mesmo xeito, a conformación de centos de gastronomías aportou á cultura ata xerar xéneros propios, ou, polo menos, espazos diferenciados. Así, o nacemento de editoriais culinarias, como Col&Col permite literatura propia, como o ensaio 'De lentejas y caviar', de Jorge Guitián. A tradición literaria neste eido non pilla de novo, velaí Cunqueiro con ‘A cociña galega’. Entre todos os híbridos posibles nas artes, este é un dos meus favoritos. O sabor, así como un arrecendo, supón un esforzo máximo para a imaxinación. E en caso de éxito, a consecuencia é salivar.

Cansei de segregar durante o visionado do filme francés ‘A lume lento’, do cineasta Trân Anh Hùng, liderado por unha deliciosa Juliette Binoche no papel de cociñeira executora do gastrónomo Dodin Bouffant. Nesta historia ambientada no século XIX, non hai segredos nin mensaxes ocultas nin segundas lecturas. É unha cociña, un feixe de persoas e o gusto polo comer elevado, non en técnica, senón en sabor.

A recolección de verduras na horta da casa da comezo á cinta e desde ese momento o motor non se detén, pero tampouco gripa ou........

© Galiciaé