We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Palestina

1 0 0
22.06.2019

Os acadios referíanse a ela como "Palastu" e os exipcios como "Palusata". E Aristóteles, Ovidio, Plinio o Vello ou Plutarco xa utilizan a forma "Palestina". Eu lembro agora a viaxe que o premio Nobel portugués José Saramago realizou a Palestina no ano 2002 como parte dunha delegación composta por oito literatos do Parlamento Internacional de Escritores, entre os que tamén figuraba Juan

Os acadios referíanse a ela como "Palastu" e os exipcios como "Palusata". E Aristóteles, Ovidio, Plinio o Vello ou Plutarco xa utilizan a forma "Palestina". Eu lembro agora a viaxe que o premio Nobel portugués José Saramago realizou a Palestina no ano 2002 como parte dunha delegación composta por oito literatos do Parlamento Internacional de Escritores, entre os que tamén figuraba Juan Goytisolo. Tanto Saramago como Goytisolo, en distintas ocasións, faláronme desa visita a Palestina, na que estiveron acompañados polo gran poeta palestino Mahmud Darwish; e o escritor portugués, nunha rolda de prensa celebrada na cidade de Ramala, impresionado polo que chegou a ver cos seus propios ollos, comparou as accións do Exército israelí nos territorios palestinos co sufrimento dos xudeus durante a II Guerra Mundial. "É o mesmo, aínda que teñamos en conta as diferenzas de espazo e tempo", matizaba o autor de Ensaio sobre a cegueira.

Eu mesmo, que tiven a........

© Galiciaé