We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

De cidades e poetas

1 0 0
19.04.2019

Xa estivera en Soria hai anos. Volvín nesta primavera á Laguna Negra (con bastante neve aínda), a San Saturio, á igrexa e restos do que foi mosteiro de San Juan de Duero, así como a outras construcións relixiosas ou civís que falan dun pasado máis florecente que o momento actual. A poboación vai a menos malia ter aumentado moito con relación aos tempos en que Machado impartiu aulas de francés na cidade (daquela, arredor de 7.000 habitantes).

É curioso o rendemento que lle tiran as institucións locais á estadía do poeta sevillano na cidade do Douro. Só cinco anos que fan agora omnipresentes a súa imaxe e os seus textos. Non hai dúbida de que segue vivo........

© Galiciaé