We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Estatística sen clientela

1 0 0
20.06.2019

"CHEGUEI A peitear máis de cincoenta noivas nun ano", conta a peiteadora dunha vila da montaña luguesa. "Agora, só catro. Non hai mocidade". Velaquí a fotografía nidia da España Baldeirada. Da Galicia Baldeira.

Sen noivas, sen noivos non hai casas. Sen casas non hai fillos. E sen fume na cheminea, sen lume na cociña, non hai vida. Fotografías así aquí e acolá. "Iste vaise, aquel vaise / e todos, todos se van...", cantaba con versos a nosa Rosalía. A crise, craro, o despoboamento. Sen xente, non se precisan servizos. Un día foi o peche da escola. Outro, o instituto, innecesario. Pecharon a oficina da Caixa, máis atenta aos cartos que á xentiña. Co peche do cuartel da garda civil........

© Galiciaé