Trapalladas |
Nestas liñas está a se anunciar o acordo para que remate o conflito entre Estados Unidos e Irán. Ou, por mellor dicir, o acordo de paz no que Estados Unidos renuncia a vencer unha guerra imposíbel de gañar, pois implicaría invadir un país cun dos maiores exércitos do mundo, con máis de noventa millóns de habitantes, o triplo da extensión de España e unhas condicións climáticas moi complexas.
Cando se meteron os estadounidenses nesta lameira e por que? O tempo pasa e as referencias pop convértense en Historia. Todos os nenos que medramos nos 80 sabiamos quen era o ‘aiatola’, porque non che debía tocar a pirola. E nas revistas do corazón que lía eu na perruquería de Ester, onde ía miña nai, aparecía unha muller guapísima e espléndida sempre, chamada Farah Diba, que era a viúva dun tal Sha de Persia. Pero a tal Persia non aparecía no atlas, así que........