Lonxevidade

Durante o verán foi o cabodano de María, a miña avoa. Durante un tempo fun un señor con avoa, xa que eu pasaba dos corenta e puiden tirar proveito da proverbial lonxevidade da muller do rural galego, en especial a nada antes da Guerra Civil. A capacidade desa xente para achegarse aos cen anos non deixa de ser paradoxal cada vez que un escoita os seus contos da infancia, a mocidade, a idade adulta... Traballos, partos que sempre podían ser perigosos, carestías...

O caso de miña avoa non é illado. Hai lustros que se discute se a Galiza é unha desas zonas azuis, o nome que reciben os lugares nos que se dan as condicións para unha extraordinaria lonxevidade. Para estudar eses factores dende un punto de vista científico, mais non exento de calidade literaria e mesmo de humor, vense de publicar A arte de non morrer. Antropoloxía da lonxevidade galega,........

© Galiciaé