Exceso

Hai etiquetas cuxa importancia dentro do mundo cultural mingua sen que un poida saber exactamente por que, dado que o fenómeno non desaparece, nin sequera descende a súa importancia. É o caso do kitsch. Quizais non axudaron á palabra, no caso do galego, unha procedencia alemá ou esa complexa combinación de consonantes ao final. Pode ser que o fenómeno puidese ser demasiado anglosaxón e non pegase moito en España, ou que, de facelo, fose con atraso —pénsese na distancia entre o ‘Ziggy Stardust’ de Bowie e a aceptación xeral dos produtos musicais que imitaron artista e álbum nas Movidas dos anos 80—. 

Ocorre que superaba e supera con moito a dimensión artística e é un dos trazos fundamentais da nosa posmodernidade, a da civilización do exceso, cuantitativo e cualitativo. Iso polo menos sosteñen Gilles Lipovetsky e o crítico de cine Jean........

© Galiciaé