We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Estraños paralelos

1 0 0
08.10.2019

A DECADENCIA de Occidente é un mítico libro de Oswald Spengler que analizaba a civilización dende unha perspectiva que permitía prognosticar a súa caída en Europa e Estados Unidos, pero que nada máis que anticipou as ideas de superioridade racial do nazismo.

É un libro en xeral aburrido, pero con pasaxes escintilantes. Unha delas atópase ben ao principio, cando o historiador xermano queda sorprendido pola estraña terxiversación que supuxo que o Club dos Xacobinos tributase o seu culto a Bruto, un millonario que, en nome da oligarquía e do Senado patricio, acoitelou ao home da democracia.

Comentaba o outro día cunha amiga profesora de Grego —e Latín— que, ao final, boa parte da historia política occidental pode dividirse deste mesmo xeito: entre os partidarios de Bruto e os de César. Entre os primeiros, en España, atópase como escritor senlleiro Francisco de Quevedo; entre os segundos, en Inglaterra, nada menos........

© Galiciaé